A Deputación en Ferrol

A Deputación en Ferrol
07 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación da Coruña adquire o antigo edificio de Banesto na rúa Rubalcava de Ferrol para transformalo na súa sede e achegar os seus servizos á veciñanza de Ferrolterra. A adquisición foi adxudicada por 930.000 euros e permitirá recuperar para uso público un edificio histórico de máis de 1.100 metros cadrados no barrio da Magdalena. 

O inmoble adquirido pola Deputación da Coruña para convertelo na súa sede en Ferrol está situado no número 12 da rúa Rubalcava, na esquina coa rúa Magdalena, será reformado para acoller servizos tributarios, espazo de coworking, sala de reunións, auditorio e usos institucionais. O contrato foi adxudicado á empresa Nuvoo 21 S.L. nun importe de 930.000 euros, o que supón un aforro de 195.300 euros con respecto ao orzamento máximo previsto para esta actuación. O edificio conta cunha superficie total de 1.147 metros cadrados construídos e 964 metros cadrados útiles, distribuídos en planta semisoto, planta baixa, dúas plantas altas e baixo cuberta. Trátase dun inmoble histórico, construído no ano 1950, que tradicionalmente acolleu oficinas dunha entidade bancaria en boa parte das súas plantas. 

Coa adquisición deste edificio, a Deputación dá un novo paso para reforzar a súa presenza institucional en Ferrol e achegar os servizos provinciais á cidadanía da cidade e da comarca. 

Institucional

Publica o teu comentario agora