ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Barallobre 3 - 0 Perlío B. Comezou cun derbi local a tempada na Segunda Futgal.

O conxunto dirixido por Borja Mesa sumou os seus tres primeiros puntos no campo do Ramo despois de impoñerse por un claro tres a cero ao Perlío B. Un triunfo incontestable que refrenda as boas sensacións da pretempada e serve para encher de confianza a un bloque moi renovado.O técnico do Barallobre amosouse sumamente satisfeito co rendemento do grupo nun choque que tivo dúas fases diferenciadas: "Empezamos os dous rivais con moito respecto nos primeiros 15 minutos, pero pouco a pouco fomos os dominadores do balón". Esa superioridade traduciuse no primeiro tanto, obra de Josito contra o minuto 30, un gol que, en palabras de Mesa, deu ao equipo "aire e tranquilidade para seguir dominando sen pasar apuros".Na continuación mantívose a mesma tónica de control por parte do equipo local. O Barallobre seguiu xerando perigo e logrou ampliar a conta grazas a Manivesa, que asinou o 2-0 nunha xogada ensaiada á saída dun córner. O definitivo 3-0 chegou da man de Adán, quen tras roubar o balón no bordo da área, encarou ao central e ao gardameta para definir con solvencia. No tramo final, o Perlío B viuse obrigado a xogar cun home menos debido a unha lesión cando xa non dispoñían de máis cambios, o que acabou por pechar o encontro. "Fomos xustos vencedores e puido caer algún gol máis", concluíu o preparador.
Un novo obxectivo: a salvación e o "partido a partido"
Mesa explicou que o club mudou drasticamente a súa folla de ruta para esta campaña debido ao alto nivel de competitividade que presenta a liga: "Este ano hai uns oito equipos que van pelexar firmemente pola zona alta. Marcarse o obxectivo de estar arriba sería moi complicado". Por iso, o adestrador aposta pola filosofía do 'Cholo' Simeone: "Imos seguir o partido a partido. O noso obxectivo é conseguir os puntos necesarios para estar tranquilos o antes posible, salvarnos, e a partir de aí empezar a soñar".Esta prudencia responde tamén á profunda remodelación que sufriu o vestiario durante o verán, cun baile de sete ou oito baixas que foron cubertas polo mesmo número de altas. Con todo, o técnico amósase entusiasmado co grupo humano resultante: "Conseguimos un equipo moi competitivo e cunha gran calidade humana. De momento a implicación é total; tivemos medias de 18 xogadores en pretempada e o último venres adestramos 22".
Próxima parada: un Cariño enrachado e un feudo maldito
O Barallobre afrontará o seu seguinte reto a domicilio visitando ao Cariño, un desprazamento que historicamente se lle resiste ao técnico: "Desde que estou no Barallobre non conseguín gañar alí nunca".O rival chega ademais cargado de moral tras dar a sorpresa e vencer por 0-3 no campo do Rosalía, un dos grandes favoritos da categoría. "Manteñen o bloque do ano pasado e vai ser un rival moi complicado, pero imos afrontalo coas nosas armas e con moita ilusión", apuntou Mesa.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora