ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A mocidade do Concello de Fene tomará as rúas para provocar a reflexión en torno ao dereito á auga. Alumnos de 4º da ESO do IES de Fene participarán nunha iniciativa que trae a Concellería de Benestar e Igualdade, da que informou a pedagoga municipal María Xosé Paz.
Obradoiro de comunicación de guerrilla para chamar a atención sobre o valor da auga. Forma parte do proxecto #PeopleAndPlanet impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social. O alumnado do IES Fene recibirán formación en tres sesións, cada unha de dúas horas, que terá lugar os días 1, 8 e 15 de outubro. Deseñarán unha acción para chamar a atención sobre a que levarán a cabo posteriormente nalgún lugar público.
Publica o teu comentario agora