Dereito á vivenda

Dereito á vivenda
06 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nun m.omento no que a vivenda encabeza a lista de problemas sociais, consultamos que facer ante un aviso de desafiuzamento coa asesora xurídica dos Servizos Sociais de Fene, Susana Martínez Galdós

ESCOITA O PODCAST:

“Nos servizos sociais é un tema recorrente, o de persoas ás que acaba de chegar unha demanda co aviso de que dentro dun mes ten que marchar da casa”, indicou a asesora xurídica. “Non é así, hai que ver se ten fillos pequenos, algunha incapacidade ou se están en situación de vulnerabilidade”, aclara Susana Martínez Galdós. Recomenda acudir de inmediato a un avogado de oficio, “O que hai acreditar é a situación de vulnerabilidade”, apunta. Lembra a asesora xurídica que “a Xunta é quen ten a obriga de resolver a necesidade de vivenda para as persoas en situación de vulnerabilidade”.

Institucional

Publica o teu comentario agora