ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Educación afectivo-sexual para promover a igualdade e a prevención das violencias sexuais entre persoas con discapacidade intelectual da provincia. Fene é un dos cinco concellos aos que chegará o programa “Creando e Sentindo” da área de Igualdade da Deputación da Coruña. Falaron do tema en Radio Fene a coordinadora de Benestar e Igualdade do Concello, Pilar Couce, e a traballadora social do centro ocupacional de Aspaneps María del Mar Novo.

“Teñen dereito ao amor”. María del Mar Novo, traballadora social do centro ocupacional de Aspaneps en Fene, explica que enmarcan o programa da Deputación da Coruña na información que dan ás persoas usuarias, que son adultas, sobre “prevención de abusos e o respecto de intimidade, son persoas que teñen dereito ao amor, a ter parella a formar unha familia e a gozar do seu corpo”. Tratase de apoiar a estas persoas que “teñen todo o dereito a ter unha afectividade, unha sexualidade como o resto das persoas, exactamente igual o mesmo dereito”. Creando e Sentindo consiste en catro obradoiros temáticos que a área de Igualdade da Deputación realizará en Fene, Boimorto, Cabana de Bergantiños, Ribeira e Rois. No centro de Aspaneps en Fene as sesións serán catro martes, a partir do día 23.
Publica o teu comentario agora