ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O maltrato animal está sancionado pola lei. E maltratar non son so as condutas agresivas ou violentas. Tamén a omisión das obrigas do coidado do animal. Aclarouno en Radio Animal a avogada especialista nestas materias Carmencha Fernández Corral, que dá asesoramento a asociacións e protectoras.
Maltratar a un animal está sancionado segundo o gravidade do dano causado. A lei recolle quince tipos de infraccións leves, por exemplo o regalo dun animal como premio en eventos ou atraccións públicas, non levalo ao veterinario, transportalo de xeito adecuado ou non recoller excrementos na vía pública. Hai tamén vinte tipificadas como graves, como causarlle ao animal danos que non sexan invalidantes ou irreversibles, encerralo ou encadealo a maior parte do día, o abandono, non ter seguro de responsabilidade e a recollida de animais vagabundos ou extraviados, agás no caso de urxencia antes de levalo a casa de acollida. E considéranse moi graves catorce feitos, é o caso do maltrato que ocasione morte ou danos invalidantes e irreversibles ou a organización de pelexas.
Calquera destas situacións debe ser denunciada nas forzas de seguridade, nos concellos ou nos xulgados. Iso si tendo a precaución de aportar o maior número posible de probas que documenten os feitos, advertiu a letrada. Considera que é positivo darlle difusión aos casos de maltrato a través das redes sociais para concienciar a poboación, pero, advirte, antes de nada, o primeiro é denunciar, para evitar que o responsable faga desaparecer o animal antes de que actúe a Xustiza.
Publica o teu comentario agora