Deron boa imaxe

Deron boa imaxe
18 de Maio, 2026 - 02:26 h. | Publicada por Radio Fene

No campo do líder despediu a tempada o Perlío antes de comezar unhas merecidas vacacións. Na Primeira Galicia. Carral 4-1 Perlío. 

ESCOITA O PODCAST:

“A pesar de que non se xogaban nada, o Carral demostrou por que está aí”, recoñece o adestrador do Perlío, Jesús Peña, pero destaca o traballo dos seus xogadores. “Na primeira parte penso que fomos superiores, creo que demos unha boa imaxe”, explica sobre un partido contra o líder que festexaba na casa o título e o ascenso.

Deportes

Publica o teu comentario agora