Deron a cara

Deron a cara
29 de Outubro, 2024 - 02:27 h. | Publicada por Radio Fene

Pelexou para remontar un partido que estaba costa arriba, pero non puido arrincar os tres puntos o Perlío en Iñás. Terceira Galicia Atlético San Pedro B 4-3 Perlío. Primeiro partido que perde o Perlío no que vai de competición. 

ESCOITA O PODCAST:

“Non estivemos ben, pero fomos quen de combater igualmente”, destaca o adestrador Rafa Afonso. O Perlío viuse condicionado pola falta de efectivos. Adiantouse no marcador cun gol de Noa. “Empezamos moi ben, pero a última media hora da primeira parte foi moi mala e puxéronse por diante”. O marcador chegou a estar 4-1. “Algo positivo dun día malo foi a reacción do equipo, a pesar de verse cun resultado tan negativo deron a cara, recortaron distancias e incluso tivemos ocasión para levarnos algún punto de Iñás”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora