Deron a cara

Deron a cara
11 de Maio, 2026 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

“Queda un partido na casa e dependemos de nós, hai un mes asinaríamos por iso”. Resume así esta recta final da Liga na Segunda Futgal o adestrador do Perlío B, Gonzalo Beceiro. 

ESCOITA O PODCAST:

Motivación ten o equipo. “Deron a cara nun partido moi difícil fóra da casa”. Do partido de onte, malia o resultado, Numancia de Ares 2-0 Perlío B, o adestrador eloxia o traballo dos seus xogadores. “Foi un partido moi disputado, entretido para o espectador porque houbo ocasións claras para os dous bandos”, explica Beceiro. “A principal baza é que dependemos so de nós”, comenta sobre o último partido que disputará nos Pinares o Perlío B contra o Mandía, no que se xoga a permanencia. 

Deportes

Publica o teu comentario agora