ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Dous xerros de auga fría caeron no campo do Pote no partido da Segunda División Galega do fútbol feminino. Maniños 2-3 Milagrosa. Analizamos o partido co adestrador Xurxo Rodríguez.

“Foi unha derrota desmerecida”, resume Xurxo Rodríguez. O partido comezara ben para o Maniños. Estreou o marcador un gol de Olaia. O segundo tanto do Maniños marcouno Lara. Cando parecía que o partido acabaría en empate, marcaron as rivais que levaron para Lugo os tres puntos. O adestrador valora o xogo do equipo, que tamén foi eloxiado por público e directiva. “Todas xogaron moi ben, a un nivel moi alto, xogando así non lle temos que ter medo a ninguén”, malia xogada desafortunada que lle valeu o segundo tanto ao Milagrosa.
Publica o teu comentario agora