Derrotar a estatística

Derrotar a estatística
10 de Febreiro, 2025 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

Volveu de Oleiros con tres puntos o Perlío B. Impúxose 3-4 ao Cristo Rey nun partido da Terceira Futgal “bonito de ver”, segundo a descrición do adestrador Gonzalo Beceiro.

ESCOITA O PODCAST:

Un partido “ben xogado, con moito ritmo pola nosa parte”, explica o técnico do Perlío B. Tres goles de Jose Javier e outro de Xabier Dopico déronlle a vitoria e deixaron en papel mollado a estatística.  O Perlío chegou a adiantarse 0-3, pero os rivais lograron empatar o partido ata que nos minutos finais marcou o gol da vitoria o Perlío. “Aínda que a estatística di que non o gañaríamos, conseguimos marcar no 89 e trouxemos os tres puntos para a casa”, felicitase Gonzalo Beceiro.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora