ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xefatura Territorial da Consellería de Educación en Lugo decidiu permutar as coidadoras escolares dos centros de Lourenzá e Mondoñedo o que está a causar polémica entre as familias dos menores con necesidades especiais, as afectadas e os propios centros.
O departamento decidiu trasladar á coidadora que prestaba os seus servicios no CEIP Xoán Rei de Lourenzá, da que recibiu diferentes queixas, ó IES San Rosendo de Mondoñedo, ambos pertencentes á mesma zona educativa. Segundo a Xefatura, o traballo deste tipo de persoal é itinerante e depende do número e circunstacias dos nenos que precisan atención especial. O claustro de profesores do IES San Rosendo dirixiu unha carta á xefatura terrotorial manifestando o seu desacordo coa decisión e solicitando a restitución da coidaora no seu posto.
Dende o IES San Rosendo consideran que o proceso se realizou de forma irregular xa que en ningún momento lles foi solicitada ningunha información sobre a traballadora nin a súa competencia. Así mesmo, estiman que o problema atanxe únicamente ó CEIP Xoán Rei de Lourenzá, polo que non debería implicarse á coidadora do centro mindoniense, que segundo opinan, é peza fundamental na socialización e adaptación do alumno. Tanto a familia do menor que estuda no IES San Rosendo como a coidadora desexan que se volva á situación anterior, para beneficio do alumno.