Desaloxo veciñal en Perlío

Desaloxo veciñal en Perlío
10 de Setembro, 2024 - 08:19 h. | Publicada por Radio Fene

A rotura dunha canalización de gas obrigou a desaloxar a uns veciños da rúa Antonia Montero de Perlío. O incidente produciuse despois das catro e media da tarde de onte á altura do número 19 do citado vial. Un veciño detectou o cheiro a gas e deu a voz de alarma.

Rúa Antonia Montero. Perlío. Fene

Unha vez subsanada a rotura, técnicos da empresa subministradora realizaron as pertinentes medicións, que certificaron que non había perigo polo que os veciños puideron retornar aos seus domicilios. Un coche aparcado enriba dunha das chaves de corte da rede dificultou a operación. Ao lugar desprazáronse efectivos do Grupo de Emerxencias de Mugardos, Bombeiros de Ferrol, Protección civil, Policía local de Fene e Garda Civil.  

A reurbanización da rúa Antonia Montero comezou esta mesma semana. Prolongaránse por espazo de catro meses contando cunha axuda da Deputación da Coruña. 

Institucional

Publica o teu comentario agora