ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Falamos de abellas porque segundo os expertos pronto serán unha especie en extinción en Galicia, en Europa e mesmo no mundo enteiro. O número de colmeas cae en picado se non se toman medidas contra os pesticidas, segundo declaraba esta mañán o experto apicultor de Sillobre- Fene- Xulio López Allegue.
Na última década, de 10 ou 8 anos para acó acendeuse a alarma.Un dato déixao claro. En Galiza había no ano 1998, 4.700 apicultores e na actualidade a cifra baixou a 3.400 (1.300 menos).
Nas mesmas datas de referencia; no 1998 o noso país contaba 94.000 colmeas, hoxe 83.000, 11.000 menos.
Dende a Delegación da asociación de apicultores da comarca fíxose chegar a queixa ao defensor do pobo. E grazas a iso, o problema chegou ata Bruxelas, segundo, Xulio López Allegue.
Hai trinta anos que comezou o asociacionismo dos productores de mel e grazas a iso, á sua unión, mantense o sector . Os consumidores podemos adquirir un mel de calidade, e con todas as suas propiedades intactas, ao 100%.