ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Grupo de Estupefacientes da Comisaría Local do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón detivo a quince persoas por un presunto delito contra a saúde pública. Con esta actuacion, dase por desmantelada unha organización que se adicaba a introducir e distribuir sustancias estupefacientes, cocaína e heroína na provincia. Entre os detidos figura un matrimonio que ocultaba droga no interior do seu vehículo, a carón das silliñas
A Operación "Tiberio" comezou en xuño pasado aínda que as primeiras detencións non se produciron ata comezos deste mes de setembro, na localidade de Pontedeume. Como consecuencia desta actuación, efectuáronse rexistros en domicilios de Narón, San Sadurniño, Ferrol e Sada. Esta primeira fase concluiu coa intervención de 265 gramos de cocaína, dous vehículos, unha balanza de precisión e diñeiro en efectivo.
Segundo a información facilitada pola Comisaría de Ferrol-Narón, a raíz da investigación efectuada, relacionouse ás persoas detidas con outro grupo de traficantes, incluído un clan familiar da zona de Pontedeume, así como aos proveedores dos mesmos, ubicados na zona de Ferrol Narón. A partir de aí, o pasado luns procedeuse á detención dun matrimonio mentres circulaban por estrada en dirección á Coruña. A parella agochaba droga nun compartimento a carón das sillas nas que viaxaban os seus fillos de nove, seis anos e dous meses de idade.
Continuando coa operación, esta mesma semana realizáronse varios rexistros domiciliarios en Narón, Ferrol e na cidade da Coruña que conlevaron a detención doutros cinco individuos. Por último, na xornada de onte procedeuse á detención de dúas persoas, nai e fillo, distriuidoras de estupefacientes na comarca de Pontedeume. No momento da intervención, a policía detivo tamén ao resto de membros do clan familiar "cando intentaban obstaculizala, agredindo aos axentes, portado dous coitelos de grandes dimensións e diversos obxectos contundentes".
En total son quince os detidos, doce por tráfico de drogas e tres por atentado a axente da autoridade. Dous xa ingresaron en prisión por orde xudicial, cinco deles están en liberdade con cargos e o resto están pendentes dunha resolución xudicial.