Descanso e corentena

Descanso e corentena
18 de Decembro, 2020 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

A "Cristóbal Colón" atracou esta mañá no Arsenal de Ferrol para realizar un período de mantemento e descanso da dotación, programado como parte da súa actividade na agrupación naval da OTAN nº2. (SNMG-2). Durante este período, o buque debe manterse preparado para partir en calquera momento se o Mando Marítimo da OTAN así o requirise. Por iso, toda a dotación realizará unha corentena domiciliaria continuada desde a chegada do buque a Ferrol até a saída á mar, garantindo así a protección fronte ao COVID-19

A fragata Cristobal Colón en Ferrol

A SNMG-2 é unha agrupación marítima permanente da OTAN na que se integran unidades navais de diferentes países aliados. Desde o pasado mes de xuño até o próximo 1 de xullo de 2021 España ostenta o mando da agrupación, que recae no contraalmirante Manuel Aguirre, embarcado co seu Estado Maior a bordo da fragata "Cristóbal Colón". A función da agrupación é dotar á OTAN dunha capacidade de reacción operativa inmediata en escenarios navais. A Armada mantén a súa presenza nestas agrupacións navais desde hai máis de trinta anos.

Sobre a fragata Cristóbal Colón
A Cristóbal Colon é a quinta fragata da clase Álvaro de Bazán, unha serie de fragatas multipropósito con capacidade para todo tipo de escenarios. Durante a súa integración na SNMG-2, a F-105 achega a súa elevada capacidade de defensa e detección aérea grazas ao seu sistema de combate AEGIS e ao radar multifunción SPY-1D (V). A súa dotación estará composta por 220 homes e mulleres, entre os que se atopan un Equipo Operativo de Seguridade (de Infantaría de Mariña) e un helicóptero SH-60B. O comandante do buque é o capitán de fragata Juan Bautista Payá Martínez.

Institucional

Publica o teu comentario agora