A descarbonización como oportunidade

A descarbonización como oportunidade
25 de Xullo, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O cambio cara a enerxías limpas é un proceso necesario e imparable para acadar a sustentabilidade do planeta e está no centro das políticas,  iniciativas e accións que Europa establece no obxectivo da descarbonización.

ESCOITA O PODCAST:

Pero a realidade social é que este proceso someten a aquelas poboacións nas que se asentaban as minas a un cambio radical no seu desenvolvemento económico. Pechar as minas supón un cambio no presente e tamén no futuro económico das localidades afectadas. Por iso nace o Fondo de Transición Xusta, un instrumento financeiro da Unión Europea creado para mitigar o impacto socioeconómico da transición cara a unha economía climáticamente neutra de aquí a 2050. O seu propósito principal é garantir que "ninguén quede atrás", apoiando ás comunidades e traballadores máis afectados polo cambio de modelo produtivo.

Con esta intención, e ao amparo financeiro do Fondo, nace o proxecto ce creación do Centro de Novas Ocupacións. Para coñecelo falaremos con Carlos Vázquez, Director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, que nos presentará este futuro centro de formación especializada nas novas ocupacións derivadas da transición verde e dixital. Unha iniciativa que se está a construír dentro da Cidade das TIC da Coruña, facendo especial fincapé nas persoas traballadoras afectadas polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes en A Coruña.

Sociedade

Publica o teu comentario agora