Desconfinar a Carvalho Calero

Desconfinar a Carvalho Calero
21 de Agosto, 2020 - 11:41 h. | Publicada por Radio Fene

Este 2020 as Letras Galegas estaban adicadas a Carvalho Calero, pero a situación ocasionada pola COVID-19 provocou que a celebración fora moito menor do previsto.

ESCOITA O PODCAST:
Scorpio de Carvalho Calero

Coa teima de “desconfinar” ao escritor comezou a levarse a cabo unha iniciativa que animaba a ler Scorpio mediante sesións guiadas e xuntanzas virtuais para comentalo. Esta sorte de club de lectura naceu da man de, entre outras, Dolores López. Segundo ela mesma comenta, “a xente está encantada”. Esta proposta animou á xente a achegarse a unha lectura diferente, xa que o libro está escrito en galego seguindo a norma internacional. Polo de agora non saben se levarán a cabo esta iniciativa con outros libros.

Dende logo, foi todo un acerto xa que se animaron unhas 40 persoas. Novos e maiores, brasileiros, de Bos Aires e ata unha alumna de Carvalho Calero son algúns dos membros que compoñen este grupo.

Cultura

Publica o teu comentario agora