Desde calquera ordenador, en calquera parte do mundo

Desde calquera ordenador, en calquera parte do mundo
27 de Abril, 2026 - 10:52 h. | Publicada por Radio Fene

"Desde calquera ordenador, en calquera parte do mundo, agora tamén se pode soar a Galicia"

ESCOITA O PODCAST:

Con estas palabra presentábanos Carlos Lijó a súa creación "Breogán VSTi", unha ferramenta musical dixital que permitirá crear pezas que soan a Galicia dende calquera parte do mundo. 

Nesta nova entrega de Sons de Nós imos falar dun deses proxectos que nos gustan especialmente… deses que mesturan tradición e futuro sen perder a esencia. Xa sei que igual é caer un pouco no tópico dicir que Galicia é o seu son: a gaita, o pito, a requinta… instrumentos que forman parte da nosa identidade e da nosa memoria colectiva. Sons que pasaron de xeración en xeración e que, seguro que non ides sorprendervos, agora tamén atopan un novo camiño no mundo dixital. Porque o dixital está aquí e veu para quedarse.

Hoxe imos coñecer unha proposta que vai xusto nesa liña: achegar a música tradicional galega a novos espazos, novas persoas e novas formas de crear. Da man do seu creador, Carlos Lijó imos coñecer “Breogán VSTi”, unha ferramenta que demostra que a tradición non é algo do pasado, senón unha base sobre a que seguir creando. Un proxecto que leva o son da gaita e doutros instrumentos tradicionais galegos ao mundo dixital, facéndoos accesibles, abertos e preparados para formar parte da música do presente e do futuro.

Cultura

Publica o teu comentario agora