ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Desde Fene para o mundo, imos facer máis murais, para que se nos coñeza, pola arte e os festivais, afirmou o testamento do Señor Entroido, lido na Praza Ramón Souto na tarde noite do mércores de cinza. Dezaseis comparsas participaron no desfile entre o Circulo de Perlío e a Praza Ramón Souto.

María Sardiña, a parrocheira, deu lectura ás últimas vontades redactadas pola escritora Paula Carballeira, nas que se indica:
Que veñan desde Madrid, Sanchez e máis Ayuso, Abascal e máis Feijoo, que a política se faga, no Museo do Humor.
A escritora tamén facía unha reflexión en torno aos corenta anos de Radio Fene:
“Ter unha radio na casa, éche todo un privilexio, sabes de primeira man, o que pasa no concello”.
Paula Carballeira tamén indicou: "Xa que hai en Barallobre, o monumento ao camiñante, que cumpriu noventa anos, e os que lle quedan por diante, está moi ben que o amplíen, con bancos para escritoras, que os seus nomes se graven, na pedra e máis na memoria".
O Entroido continua. Mañá venres, enterro da sardiña no barrio de Ultramar de Ferrol.
Imaxe: Entroido de Fene. 2025.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora