ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As librerías de Cambados entregarán o vindeiro 14 de maio o Premio Ramón Cabanillas ao escritor e profesor Emilio Xosé Ínsua. O galardón quer recoñecer unha traxectoria a prol da cultura e da literatura galega. Ínsua, doutor en filoloxia galega pola Universidade de Compostela, traballa actualmente como profesor no Instituto de Vilanova de Arousa. Elaborou a súa tese sobre Antón Vilar Ponte.
O premio tamén honra á figura do autor falecido en Cambados en 1959. Ramón Cabanillas escribiu teatro con obras como "A man da Santiña" e "O Mariscal". Pero tamen sobresae a súa poesia. O seu primeiro libro ve a luz en 1913 e chámase "No desterro". Colabora cos agraristas e coas Irmandades da Fala e en 1917 publica "Da terra asoballada". A poesía lírica de Cabanillas maniféstase como social ou combativa, de caracter agrarista e anticaciquil, de tipo intimista ou cun costumismo que presenta semellanzas con algúns poemas de Antonio Machado.
Cabanillas manten contactos na Habana co crego agrarista Basilio Álvarez, que prologa o seu primeiro volume. Convírtese na voz lírica máis importante daquel movemento de defensa dos intereses dos labregos e gandeiros.