Desfiladeiros que resisten os ataques violentos da lúa

Desfiladeiros que resisten os ataques violentos da lúa
03 de Febreiro, 2022 - 11:48 h. | Publicada por Radio Monforte

Son desfiladeiros que resisten o ataque violento da lúa, como dicía Garcia Lorca en “Poeta en Nueva York”. Visitamos Doade en Sober, nos canóns do Sil,nas terras de Lemos, agora chamadas da Ribeira Sacra, Alí atopamos xente namorada da paisaxe nativa. Que lle dea o vento das doce, que reciba o sol á recacha e que sinta picar o peixe. Eses eran os mandamentos do viño, segundo os vellos da zona. 

ESCOITA O PODCAST:
Fernando González, na adega Algueira en Doade (Sober)

Este violeta amor, este lixeiro beizo da terra que a miña boca bica, que versificaba Álvaro Cunqueiro. O señor de Clermont- Tounarre dicía que o viño é unha produción eminentemente atmosférica. Preguntámoslle a Fernando González da adega Algueira en Doade, polos mandamentos do viño. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora