Desfiles e concertos de música celta e tradicional

Desfiles e concertos de música celta e tradicional
25 de Agosto, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"A música trad non pode ser só unha moda" afirma con convencemento Uxía Doval da banda de gaitas Airiños de Fene. A entidade organiza o I Festival Intercéltico "Fene Interculturas" que coincidirá na xornada do vindeiro domingo coa romaría do Pote de Maniños. Sete grupos participarán nos desfiles e en concertos simultáneos nas sete parroquias de Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

As directivas de Airiños de Fene Uxia Doval e Icía Sanmartín falaron da iniciativa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/240826DOVAL.mp3

A banda de gaitas Airíños de Fene, co apoio do concello, organiza os días 29 e 30 de agosto a primeira edición do festival "Fene Intercultura" para pór en valor a música e cultura propia. O evento, que xurde da colaboración local e a necesidade de promover a identidade da zona, contará coa participación de grupos de baile e bandas de gaitas de Fene, a contorna, Xinzo de Limia e Asturias.

Cultura

Publica o teu comentario agora