ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Austeridade no gasto público + reformas laborais (recortes de salarios e dereitos) = Redistribución inxusta da renda. Disque a economía leva cinco anos medrando e xa recuperamos o PIB anterior á gran recesión de 2009. Pero seguimos igual.
Dos 1,8 millóns de persoas que percibiron ingresos en Galicia, como asalariadas, pensionistas ou desempregadas, 856.282 foron baixos ou moi baixos, bordeando o limiar da pobreza. Unha situación inaceptable que afecta ao 48% dos declarantes. A metade da sociedade galega obtivo ingresos por debaixo de 12.000 euros brutos anuais en 2017. As razón son os salarios baixos, traballo a media xornada, contrato duns meses, prestación por desemprego escasa... En fín que percibiu 800 euros netos en 14 pagas; fronte ao 0,4% dos declarantes do IRPF no mesmo ano, a minoría máis rica, ingresou de media 12.000 euros mensuais ou 179.152 euros ao ano.O que nos fai concluir que "a desigualdade é insoportable" .
"Desde 2010 a Troika impuxonos medidas de austeridade no gasto público e reformas laborais, o que provocou unha redistribución inxusta da renda. Por iso, é indignante que o FMI e a Comisión Europea, co beneplácito de PP e Ciudadanos, se manifesten contrarios ao incremento do salario mínimo ou á recuperación das pensións con referencia ao IPC. Insisten no camiño do terror social no canto do crecemento a través da demanda interna, os salarios, as pensións, o gasto público. Ese é o motor", segundo o economista e deputado de En Marea Manuel Lago.
Comentarios
Hi,
Publica o teu comentario agora