A desigualdade corrompe a política

A desigualdade corrompe a política

29 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O número de "milmillonarios" con fortunas de máis de 1.000 millóns de dólares no mundo duplicouse desde que se desencadeou a crise económica e financeira en 2008, e as desigualdades disparáronse, segundo un informe da ONG Oxfam. A tendencia de crecente á desigualdade podería facer retroceder décadas a loita contra a pobreza, segundo se advírte no informe que será presentado mundialmente en Madrid este xoves por Winni

Baixo o título "Iguais: Acabemos coa desigualdade extrema. É hora de cambiar as regras", o informe denuncia que millóns de persoas viven en extrema pobreza e "morren debido á falta de servizos sanitarios básicos e millóns de nenos e nenas non poden ir á escola".

Ao mesmo tempo, "unha pequena elite posúe máis diñeiro do que xamais poderá gastar na súa vida".

Entre 2013 e 2014, a riqueza das 85 persoas máis adiñeiradas do mundo -que posúen a mesma riqueza que a metade máis pobre da poboación do planeta- aumentou en 668 millóns de dólares ao día, o que equivale a case medio millón de dólares cada minuto, sinala o informe.

"A desigualdade socava o crecemento, corrompe a política, limita as oportunidades e alimenta a inestabilidade mentres exacerba a discriminación, especialmente cara ás mulleres", afirma Byanyima.

"Desde o FMI até o papa Francisco, pasando polo presidente de EEUU Barack Obama e o Foro Económico Mundial, existe cada vez un maior consenso ao redor da idea de que a desigualdade é un dos maiores desafíos do noso tempo e que non combatela resulta prexudicial tanto a nivel económico como social" e a pesar diso tomáronse "escasas medidas para combatela", segundo a ONG.

Co informe, Oxfam lanza unha nova campaña para esixir aos líderes mundiais que convertan as súas palabras en feitos e adopten medidas para frear a evasión e a elusión fiscal por parte de grandes empresas e as persoas máis adiñeiradas, que deben contribuír de forma xusta ás arcas dos Estados para que os países poidan combater a desigualdade e construír sociedades máis xustas.

Suxire que cun imposto anual dun 1,5 % sobre as grandes fortunas de todo o mundo garantiríase que todos os nenos e nenas do mundo puidesen ir á escola, así como a provisión de servizos sanitarios básicos nos países máis pobres.

E é que cada ano cen millóns de persoas en todo o mundo ven sumidas na pobreza por ter que pagar para recibir asistencia médica, mentres que se as tres persoas máis ricas do mundo gastasen un millón de dólares ao día cada unha, levaríalles 200 anos gastar todo o seu diñeiro, de acordo co informe.

Isto non ocorre unicamente nos países ricos. Hoxe en día, hai 16 milmillonarios en África subsahariana que conviven con 358 millóns de persoas que viven en extrema pobreza. Mentres, en Sudáfrica, a desigualdade é maior que ao final do apartheid, sinala Oxfam.

Sociedade