Deslear conflitos

Deslear conflitos
06 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vale máis un mal acordo que un bo xuízo, di a sabedoría popular. Para evitar os preitos cando se produce un conflito entre persoas ou entidades existe a figura da mediación. Método alternativo de resolución de conflitos sobre o que informou en Radio Fene a especialista en temas legais e de mediación, María Álvarez Real. 

ESCOITA O PODCAST:

"O rol do mediador é desenquistar o conflito”, explica a letrada e mediadora. Esta forma de resolver conflitos ten que ser aceptada voluntariamente polas dúas partes. Pode usarse este procedemento en temas de familia, como divorcios ou herdanzas, tamén en conflitos no entorno educativo ou laboral e mesmo no ámbito internacional. A mediación úsase bastante no norte de Europa, en países como Australia é obrigado ir a sesións de mediación. A mediación axuda a desatascar a Xustiza e, sobre todo, “desenfrenta ás partes en conflito, trata de evitar que sexa unha terceira persoa a que che impón a solución ao teu problema”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora