Desmontando noticias falsas

Desmontando noticias falsas
25 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As noticias falsas e os bulos circulan sen parar polas redes sociais e moitas veces falta espírito crítico que nos permita distinguir a verdade da mentira. “A invasión das noticias falsas” é un libro de banda deseñada educativo para público infantil sobre o fenómeno das fake news. Presentouno en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

“Recomendoumo unha nena de 7 anos, amiga da familia”, sinalou o responsable de Cáprica. Especialmente recomendable, para que os nenos saiban distinguir noticias interesadas que manipulan a realidade. “A invasión das noticias falsas” destaca entre as moitas novidades que saíron durante o verán. Tamén nos presentou a novela gráfica “Nocturnos”, de Laura Pérez, que saíu a principios de mes. Unha obra de banda deseñada, composta de historias curtas que presenta unha atmosfera onírica. Para público adulto, trata temas como a soidade. A autora ten un estivo visual moi elegante, sen estar moi recargado e cun coidado especial polos detalles, informou Juanma Sánchez.



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora