Despedida ao mellor capitán

Despedida ao mellor capitán
18 de Maio, 2026 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

Vitoria local no Ramo. Barallobre 3-1 A Capela.  O capitán Daniel Hermida, “Garecho”, puido despedirse con honores, marcando un dos goles para o seu equipo. “Representa  de marabilla os valores do Barallobre”, di o adestrador Borja Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

Boa despedida para un xogador moi querido. “Un referente no club, o mellor capitán que tiven no vestiario como adestrador”, afirma Borja Mesa. “Se fóramos un club profesional,  retiraría a camiseta para sempre porque representa os valores do Barallobre”. Onte, o partido estivo “dominado por nós desde o principio, tivemos moitas ocasións para marcar, queríamos acabar cun bo partido diante da nosa afección”, sinala o adestrador. 

Deportes

Publica o teu comentario agora