Despedida de A granxa agrícola experimental de Galicia

Despedida de A granxa agrícola experimental de Galicia

21 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

"A granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964)" é unha exposición promovida polos Museos Científicos Coruñeses como un recoñecemento a aquela institución pioneira.  A mostra pode visitarse na sala de exposicións de Palexco, no porto da Coruña, ata o domingo dia 27 de marzo.

Creada en 1888 nas aforas da cidade da Coruña, a Granxa agrícola Experimental foi o primeiro centro de experimentación e difusión de novas técnicas agrícolas en Galicia e Asturias. A súa actividade continuou en Monelos ata 1964 e na actualidade esas tarefas desenvólvense no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

A aplicación da ciencia ao labor agrícola permitiu importantes logros: a creación da raza rubia galega, a actividade da Estación de Fitopatoloxía, o cultivo do lúpulo, a formación de persoal e a difusión de novidades. 

Ademais, a Granxa integrouse na cidade da Coruña, nos seus espazos e na vida social, con iniciativas tan singulares como a "festa da árbore".

Cultura