Despedida a Palmeiro despois de 40 anos de xornalismo.

Despedida a Palmeiro despois de 40 anos de xornalismo.

30 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

"Esta nosa profesión é unha ininterrompida carreira de fondo". Con frases como esta, Xosé María García Palmeiro recibíu a homenaxe do CPXG invocando a esperanza no futuro do xornalismo. "O cidadán xornalista, a cidadá xornalista, está sempre ao servizo da cidadanía, sempre cos outros no punto de mira". Con estas palabras, Xosé María García Palmeiro, primeiro decano do Colexio Profesional de Xor

O actual decano do CPXG, Xosé Manuel Pereiro foi o encargado de iniciar e presentar o acto. A continuación, a xornalista Rosa Aneiros fixo un percorrido pola vida profesional de García Palmeiro, que en 28 anos de carreira exerceu o xornalismo en todos os formatos (axencias, prensa diaria, prensa semanal, televisión e radio), traballando nunha ampla representación dos medios galegos, ademais dunha extensa actividade como conferenciante. Nos últimos tempos, e ata a súa xubilación, exerceu de director de comunicación do Consello da Cultura Galega.

O acto central da hoxenaxe foi un discurso do propio Xosé María García Palmeiro, no que preferiu "nesta hora magnífica na que me saen ao paso tantas emocións, falar do que podemos facer, invocar a esperanza a pesar de todo". Palmeiro non ocultou que este "é un tempo de incertezas, que reclama mudanzas", mais lembrou tamén que "sucede a outros que tamén as enfrontaron e as reclamaron".

Neste sentido, o primeiro decano do CPXG quixo defender o exercicio actual do xornalismo: "Que hai bo xornalismo neste tempo de preocupantes consideracións sobre os desempeños xornalísticos é unha evidencia. Como noutros tempos, neste hai tamén malo, regular e bo xornalismo". Así cualificou a profesión como "a máis antiga e a máis fermosa do mundo, unha ininterrompida carreira de fondo e de obstáculos", e non dubidou en afirmar que "de poder ser, volvería a intentar o do xornalismo".

O acto rematou cunha mesa redonda informal na que, arredor de tazas de café, conversaron sobre a a situacion do xornalismo, tomando como referencia a traxectoria de Xosé María García Palmeiro, Xosé Manuel Pereiro, decano do CPXG; Xosé Pereira, decano da Facultade; o segundo decano do Colexio, Xosé Manuel Vega; o xornalista Antón Luaces e a xornalista da TVG Ana Pérez; ademais do propio homenaxeado.

O CPXG suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.

Sociedade