ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O técnico José Luis González abordou a lancha do xurado logo de que descalificaran a unha das súas embarcacións. Os feitos producíronse na tarde do sábado cando se estaba a celebrar a III Bandeira de bateis organizada polo Club de Remo de Chapela e na que participaban 500 rapaces de 16 clubs da provincia.
O adestrador do Cesantes, segundo explicaron dende a organización, abordou cunha zodiac unha das lanchas do xurado logo de que descalificaran ao equipo cadete masculino por levar un timonel feminino, algo que está prohibido polo regulamento. O altercado levou ao árbitro a suspender a proba.
A directiva do club de Cesantes considera que o adestrador desobedeceu ao delegado do club e que os feitos protagonizados polo técnico son o suficientemente graves como para relegalo do seu cargo.
Pola súa banda, o presidente do club de remo de Chapela, Fernando Collazo, calificou de “lamentable e bochornoso” o espectáculo vivido na tarde do sábado e asegurou que “este tipo de comportamentos causan graves prexuizos ao mundo do remo”.