Destrozos pola borrasca

Destrozos pola borrasca
08 de Decembro, 2021 - 02:12 h. | Publicada por Radio Fene

O temporal Barra deixou os seus efectos na comarca de Ferrol. O forte vento provocou a caída dun castiñeiro que arrastrou un poste telefónico e causou destrozos no tellado dunha casa na rúa dos Casais en Maniños (Fene). Ademais as choivas, os tronos e os lóstregos apenas descansaron durante a noite.

Casa na rúa dos Casais en Maniños

A borrasca Barra azoutou con forza a comarca de Ferrol, Eume e Ortegal. Os raios tamén provocaron danos na Coruña e en Rianxo. O vento superou os 100 quilómetros por hora en Malpica e Burela. AEMET e Meteogalicia manteñen a alerta no litoral e prevén ondas de seis metros e ventos de forza oito. Baixarán as temperaturas co que poderán aparecer as saraibas.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora