Deteñen a un home acusado de tráfico de drogas

Deteñen a un home acusado de tráfico de drogas

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Desarticulado un “punto negro” de venta de droga en Redondela. Na operación detívose a un veciño da vila de 48 anos de idade quen pasou xa a disposición xudicial.Axentes de Policía nacional detiveron a S.O.L., de 48 anos de idade, veciño de Redondela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

O operativo policial desenvolveuse o pasado tres de marzo pola tarde na rúa Pai Sarmiento a onde acudían os toxicómanos para adquirir os estupefacientes a un indiviudo que vendía heroina ao por menor.Unha vez no lugar, os axentes procederon a deter ao sospeitoso no intre no que estaba a facer entrega de pequenos envoltorios de plástico onde se atopaba a droga. Ao detido intervíronselle ademais dos envoltorios obxectos das venta, un total de 130 euros.Cónstanlle catro detencións anteriores, unha en Sevilla, outras dúas en Arrecife e outra en Vigo polo mesmo motivo.

O detido pasou xa a disposición do Xulgado número un de Redondela.

Sociedade