Detidas unha nai e unha avoa por agredir a unha mestra en Verín

Detidas unha nai e unha avoa por agredir a unha mestra en Verín

15 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

STEG condena o episodio de violencia contra unha docente no CEIP Princesa de España de Verín e solidarízase coa mestra e co claustro de profesores deste centro. O episodio de violencia contra unha mestra, á que lle propinaron insultos e golpes, saldouse coa detención da nai e avoa dunha das alumnas da citada mestra. Nun comunicado, o claustro del CEIP condenóu contundentemente o ataque á mestra pero limitóu o acontecido a un caso particular.

«A pesares da extrema gravidade do sucedido, trátase dun feito extraordinario que afecta a unhas persoas en concreto e que en ningún caso facemos extensivo ó resto das familias». Docentes e escolares protagonizaron una concentración no centro educativo portando unha pancarta na que se lía «Non a violencia ao profesorado. Si ao respecto».

O STEG solidarízase coa mestra e co CEIP aludidos e condena todo tipo de actuacións violentas que non levan a ningures. Na nosa sociedade existen cauces para denunciar aquelo que entendamos que non se fai ben desde o funcionariado; empreguémolos e esquezámonos da violencia. Para STEG, estes episodios de violencia son de extrema gravidade, pero tamén son casos particulares e concretos.

Engaden que " Temos claro que son episodios extraordinarios e que o nivel de conflictividade entre nais/pais e profesorado é moi pequeno, pero temos que concienciar a toda a sociedade de que non podemos permitirnos actuacións deste tipo, posto que tamén afectan á educación das nosas crianzas e á comunidade educativa en xeral".

 

Sociedade