Detido polo roubo nun restaurante

Detido polo roubo nun restaurante
16 de Outubro, 2026 - 09:38 h. | Publicada por Radio Fene

Detido o presunto autor dun roubo con forza nun restaurante de Fene. O valor dos obxectos roubados estímase inicialmente nuns 7.000 euros. A Garda Civil logrou recuperar, entre outros efectos, un robot de cociña, unha cortadora de friame, ao redor de 200 pezas de xogo de cubertos e numerosas botellas de viño.

A Garda Civil do Posto de Fene detivo a un home como presunto autor dun delito de roubo con forza cometido nun restaurante ao que se accedera fracturando un cristal. A propietaria denunciou que foran subtraídos do interior numerosos efectos profesionais e produtos, con un valor estimando nuns 7.000 euros. Entre os obxectos roubados figuraban dous robots de cociña, unha cortadora de friame, unha batedora industrial, ao redor de 200 pezas de xogo de cubertos, vaixela e diverso enxoval profesional, alén de botellas de bebidas alcohólicas e viño, produtos alimenticios e outros artigos propios da actividade hostaleira.

As investigacións levaron a centrar as sospeitas sobre un veciño da localidade, que fora visto transportando caixas nas inmediacións do establecemento, e ao que detiveron.  Os axentes recuperaron un robot de cociña, unha cortadora de friame, diverso enxoval profesional e unha bolsa con aproximadamente 200 pezas de xogo de cubertos. A investigación continuou para localizar o resto dos efectos subtraídos. No transcurso destas actuacións, un axente da Garda Civil, mentres se atopaba fóra de servizo en Ferrol, obtivo información que permitiu comprobar que se estaban ofrecendo para a venda diversos artigos de hostalería e botellas de viño o que levou á recuperación de numerosas botellas de viño de diferentes marcas e denominacións, así como un pelapatacas profesional de aceiro inoxidable. Os efectos recuperados foron recoñecidos pola responsable do restaurante e o detido pasou a dispor do Xulgado.

Sociedade

Publica o teu comentario agora