Detido un home acusado de maltratar ao seu fillo de 2 anos

Detido un home acusado de maltratar ao seu fillo de 2 anos

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Detido un veciño de Chapela de 35 anos de idade como presunto autor de malos tratos a un menor. Atopábase no interior do seu vehículo e presuntamente tiña consumido sustancias estupefacientes. Axentes da policía nacional detiveron a José Manuel S.P. de 35 anos de idade veciño de Chapela como presunto autor dun delito de malos tratos ao seu fillo menor de idade. Os feitos aconteceron durante a mañá do pasado sábado na rúa Beiramar n

Os axentes da policía acudiron ao lugar pola información recibida dun veciño que denunciaba o consumo de sustancias estupefacientes da parella e alertaba de como o home tiña propinado varios golpes ao menor. Unha vez no lugar fixéronse cargo do pequeno, de tan só dous anos de idade, quen presentaba diversas marcas, cicatrices e negróns no rostro.

 

Mentres rexistraban o interior do vehículo os axentes atoparon papel de prata con restos de sustancias estupefacientes. O menor foi trasladado a un centro médico e o presunto autor detido pasou a disposición do xulgado de garda.

Sociedade