Detido un veciño de Redondela por conducción temeraria.

Detido un veciño de Redondela por conducción temeraria.

29 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Segundo información da policía local, Xacobo A.F. de 27 anos de idade foi detido onte tras ser localizado realizando diversas manobras non regulamentarias mentres conducía unha motocicleta Yamaha. Os feitos producíanse ás 22:30 horas de onte na estrada nacional 552 á altura de Rande. Unha patrulla da policía que se atopaba na vía que comunica Vigo con Redondela deulle o alto logo de comprobar que conducía a velocidade excesiva nun tram

O condutor fixo caso omiso dos axentes cando lle deron o alto e iniciou a fuxida. Finalmente foi detido e trasladado a dependencias da policía municipal de Vigo. Hoxe pasará a disposición xudicial acusado dun delicto contra a seguridade do tráfico e por desobediencia contra a autoridade.

Sociedade