ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Olimpo é a morada dos deuses do paganismo. Coa mostra O Olimpo da caricatura, Xaquín Marín quixo definir a reunión da obra de persoas privilexiadas na arte da banda deseñada. Os mellores do mundo, mestres da viñeta e ademais moi boas persoas, en palabras de Marín.
A Exposición O Olimpo da Caricatura inaugurase mañá mércores no Museo do Humor de Fene. A mostra recolle obras de quince autores, quince mestres do humor seleccionados por Xaquín Marín. O italiano Alessandro Gatto, Angel Boligán de Cuba, ou Antonio Moreira de Portugal, son algúns dos escollidos.
Tamén figuran Agim Sulaj (Albania, 1960), Cau Gómez (Brasil, 1972), Dalcio Machado (Brasil, 1972), David Vela (España, 1967), Izabela Kowalska-Wieczorek (Polonia, 1955), Luc Descheemaeker, “O-Sekoer” (Bélxica, 1955), Mahboube Pakdel (Irán), Marilena Nardi (Italia, 1966), Michael Kountouris (Grecia, 1960), Mikhail M. Zlatkovsky (Rusia, 1944), Pawel Kuczynski (Polonia, 1976) e Siro López (Galicia, 1943).
Publica o teu comentario agora