Devolver o diñeiro para o Opus Dei ao Tesouro de Galiza

Devolver o diñeiro para o Opus Dei ao Tesouro de Galiza

10 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

A CIG-Ensino presentou un escrito dirixido á conselleira de Facenda no que se solicita que proceda “á liquidación e á esixencia do reintegro ao Tesouro de Galiza das cantidades indebidamente percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza SA e Asociación Fontenova” que xestionan os centros Peñarredonda, Montespiño, Acacias

Louzao explicou que a CIG tomou esta decisión considerando que estes fondos teñen, por tanto, a condición de créditos indebidos e, en consecuencia, a administración “ten o deber de recuperalos e reintegralos á facenda pública tal e como recolle a Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galiza”.

O representate do sindicato maioritario no profesorado galego sinala que “estamos ante un conselleiro que está ao servizo da patronal ligada ao OPUS DEI e dun modelo educativo retrógrado e discriminatorio; ao servizo dunha ideoloxía ultraconservadora, contrario ao que debe ser un ensino que procure a igualdade entre homes e mulleres e contra a perpetuación da discriminación da muller”.

 

Sociedade