ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Axenda 2030 está presente nas nosas vidas de moitas maneiras, pero seguramente estarás a preguntarte que son realmente os ODS?, neste episodio de “Empeza por ti” imos facer unha aproximación a eles.
En setembro de 2015, 193 países aprobaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Uns obxectivos que conforman a chamada Axenda 2030, unha axenda universal ambiciosa que sitúa os dereitos humanos de todas as persoas no centro, sen deixar a ninguén atrás.
Ao redor dos 17 obxectivos e 169 metas asociadas artéllase unha axenda de desenvolvemento sostible, a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible.
Trátase dun plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, que tamén ten a intención de fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza. Obxectivos e metas de carácter integrado e indivisible que abarcan as esferas económica, social e ambiental. Ao adoptala, os Estados comprometéronse a mobilizar os medios necesarios para a súa implementación con medidas centradas, especialmente, nas necesidades dos máis pobres e vulnerables.
Os ODS establecen metas específicas a alcanzar para 2030. Cada obxectivo céntrase en áreas crave de desenvolvemento sostible, como a erradicación da pobreza, a igualdade de xénero, a educación de calidade, a acción climática e a paz e a xustiza, e tamén a imprescindible necesidade de crear alianzas para acadalos. Están pensados, ademais, para cumprir catro principios ineludibles: integralidade, universalidade, non deixar ninguén atrás e convidar á acción.
Os desafíos do desenvolvemento sostible e dos 17 ODS están relacionados entre si e por tanto requiren solucións integradas a través dun novo enfoque que teña en conta simultaneamente todas as dimensións. A Axenda 2030 é universal, isto é, para todos os países e persoas, baixo o principio de responsabilidades comúns pero diferenciadas. Todos os países teñen deberes e responsabilidades en promover o desenvolvemento sostible, pero, tendo en conta as diferentes realidades e capacidades. Necesitamos chegar primeiro ás persoas que máis necesitan, que se atopan máis atrasadas, así como de empoderar ás persoas vulnerables, ou de prestar atención especial aos países máis vulnerables e menos adiantados. Os ODS van máis aló de ser simples metas; constitúen un chamado á acción colectiva de maneira significativa e, tamén, á colaboración global para abordar os problemas máis apremiantes que enfronta a humanidade e construír un futuro sostible e equitativo. Todas estamos, xa que logo, chamadas á acción. Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.
Na imaxe, vides de Lorenzo Bescansa, no lugar do Penso. Caraña. Betanzos
Fotografía: Pepe Barro
Publica o teu comentario agora