Dia grande do Entroido de Fene

Día grande do Entroido de Fene
22 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe mércores de cinza é festivo local e dia grande do Entroido de Fene. Pola tarde as rúas céntricas da localidade encheranse de disfraces para celebrar a festa máis importante do ano. Nos primeiros anos do século vinte a celebración do Entroido comezaba o xoves de comadres ao pé do antigo mercado na curva do río Cádavo. Fatos de rapaces e rapazas tirábanse olas e vellos pucheiros de barro. O equipo que deixaba caer máis olas debía pagar logo unha merenda, segundo indica María Xesús Arias no libro "Fene vai de Antroido".

Haberá concentración de comparsas ás 17.30 horas en Perlío (Pista Polideportiva do CCRD de Perlío) para iniciar un percorrido pola Rúa San Salvador, Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais ata chegar á Avenida do Concello. Ao chegaren á praza do alcalde Ramón Souto, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento do Entroido, a queima do boneco e o espectáculo pirotécnico (dende o Parque Castelao). 
Restriccións de tráfico e aparcadoiro
Por mor da celebración das actividades do Entroido en Fene, dende Policía Local informan da prohibición de estacionar e circular na Avda do Concello até o remate das tarefas de limpeza o xoves 23.

 

 

Na imaxe, Entroido de Fene 2012

Cultura

Publica o teu comentario agora