ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Sénteste máis alta, máis orgullosa cando saes de facer pilates” afirma Diana Pollán quen rexenta desde hai dous anos “Círculo Pilates” en Pontedeume: "Acolléronme moi ben e agora ampliamos a iniciativa cun local na avenida Marqués de Figueroa,38 en Perlío en Fene". E faino cunha actividade de balde. Pilates máis almorzo, o sábado once de xaneiro ás dez e media da mañá no Casino de Perlío. Prazas Limitadas. Reserva a túa no 633 922 950.
“O pilates é unha actividade integral na que participa todo o corpo, aínda que se centra na musculatura que sostén a columna vertebral” indica a emprendedora quen tamén sinala: “O local de Fene é pequeno, íntimo e acolleremos grupos de cinco persoas como máximo porque a actividade xira en torno a poucas repeticións pero moi correctas, e iso precisa dunha atención personalizada”.
Publica o teu comentario agora