Digna de loubanzas

Digna de loubanzas
25 de Xullo, 2021 - 11:55 h. | Publicada por Radio Fene

"..., a nosa terra é digna de loubanzas, e (...) a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que, a dicir verdade, demostra a ignorancia máis crasa e a máis imperdoable inxustiza que pode facer unha provincia a outra provincia irmán por pobre que esta sexa. Máis é aquí que o máis triste nesta cuestión e a falsidade con que fóra de aquí pintan así aos fillos de Galicia como á Galicia mesma, a quen xeralmente xulgan o máis depreciable e feo de España, cando acaso sexa o máis fermoso e digno de gabanza,..." Prólogo de Cantares Gallegos. Rosalía de Castro.

Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega. O Seixo. Mugardos

A relación de Rosalia de Castro e o Seixo en Mugardos centrou a camiñada que percorreu na tarde de onte lugares emblemáticos da ría de Ferrol. A directiva da asociación cultural Apelón participou na iniciativa lendo poemas da autora de Follas Novas, nun percorrido coordenado por Loreto de Castro. O evento saíu da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega rematando na fraga, no lugar onde se celebraba a festa do Seixo ata 1870, localización do poema incluído en Cantares Gallegos, "Si a vernos Marica, nantronte  viñeras á festa do Seixo na beira do mar, ti riras, Marica, cal nunca te riches debaixo dos pinos do verde pinar, ..."
 

Cultura

Publica o teu comentario agora