A dignidade do Barallobre

A dignidade do Barallobre

14 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O sentido da dignidade do Barallobre ponse a xogo este domingo diante do Valdoviño. Trátase dun equipo que compite co conxunto do Ramo por escapar dos postos de descenso á Terceira Autonómica de fútbol. Unha victoria permitiría poñer terra por medio e afundir na lagoa ao Valdoviño.

O Barallobre non quere pasar os apuros da pasada temporada. Por iso, o partido de mañá domingo é importantísimo. Comeza a segunda volta da liga e na zona baixa da Segunda Autonómica hai moita igualdade, segundo o directivo do club do Ramo Victor Formoso.

Deportes