ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Riotorto é o concello galego cunha maior ratio de artesáns do ferro, 15 concretamente. Unha actividade que se remonta hai 5 séculos. Estes ferreiros adícanse, principalmente, ás ferramentas de curte (coitelos, navallas...). A existencia das ferrerías representa unha riqueza e un potencial turístico que beneficia a pobo en xeral e á hostalería en particular.
Na definición dos destinos turísticos e fundamental a identificación de elementos diferenciais e neste senso, o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez explicou en Radiofusión ”que o Concello ademais de proceder a identificar e sinalizar os recursos turísticos cos que conta, vai poñer en marcha un programa de excursións de centros escolares da provincia para visitar Riotorto para que coñezan os nosos oficios tradicionais”.
Estase a traballar na creación dunha marca de calidade distintiva dos produtos artesanais de Riotorto. Ademais, a través do Plan do Ferro, búscase a xeración de emprego. Segundo Gutiérrez, “moitos xóvenes interésanse polo oficio pero é moi duro e marchan a outras vilas. Está moi desprestixiado e a nosa obriga é dignificalo para manter a tradición. A nosa idea é crear unha cooperativa que impulse o traballo dos ferreiros”.
Impulsar a actividade dos ferreiros e aproveitar este elemento diferencial co que conta Riotorto para a súa dinamización económica. Este era o obxectivo do Plan Estratéxico do Ferro aprobado no 2010. A proposta estruturábase en dúas fases. Na primeira leváronse a cabo actuacións para aumentar o valor engadido das ferramentas dos ferreiros, a mellora das canles de comercialización, a apertura de novos mercados, a defininición de novos produtos para a venda e garantir o relevo xeracional no sector. Nunha segunda parte, procedeuse á divulgación deste oficio tradicional con visitas ás forxas.