Dimensións reducidas

Dimensións reducidas
15 de Outubro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Primeira Galicia de fútbol. Vizoño - Abegondo. Domingo as seis e media da tarde no campo do Vizoño en Abegondo. O Vizoño xoga directo e o Maniños terá que adaptarse a ese xeito de xogar. Un campo moi complicado, de dimensións reducidas, segundo o adestrador Pablo Mesa.

Fotografía Xan Xe

Segunda Galicia de fútbol. 
Barallobre - Moeche. As doce e cuarto da mañá do domingo no campo do Ramo. O Barallobre espera un Moeche con xente moi aguerrida, traballadora e loitadora, afirma o míster do Barallobre Miguel Carballeira. 
Cebarca - Maniños B. As 12 da mañá do domingo no campo municipal da Barqueira. No Cebarca militan xogadores de Primeira Galicia e un que procede da Preferente. 
San Sadurniño - Perlío Domingo ás seis da tarde no campo da piscina. O Sansa ata hai pouco estaba aí arriba. Ninguén vai regalar nada, afirma o técnico do Perlío Gonzalo Beceiro. 

 

Fotografía: Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora