Dimite o concelleiro do PP de Santiago, tras ser detido bébedo e durmido ao volante

Dimite o concelleiro do PP de Santiago, tras ser detido bébedo e durmido ao volante

14 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O alcalde de Santiago de Compostela Xosé Sánchez Bugallo considera incompatible co desempeño dun cargo público, a actitude do edil do PP Angel Espadas, detido o pasado sábado tras conducir bébedo e quedarse dormido ao volante do coche. Segundo o atestado da Garda Civil de Tráfico e da Policia Local, o concelleiro triplicaba a taxa de alcool permitida. O voceiro popular no Concello Gerardo Conde Roa confirmou este mediodia en rolda de prensa que Espadas dimiti

O edil enfrontaráse mañá martes a un xuizo rápido. Angel Espadas fora designado para ocupar o número 3 da candidatura do PP ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio en Santiago de Compostela. O concelleiro actuara no ano 2008 como "espía" no botellón do Campus compostelano e reclamara mán dura contra esta práctica, tal e como fora recollido nunha reportaxe en El Correo Gallego.

Sociedade