Dimite o Valedor do Pobo

Dimite o Valedor do Pobo

15 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O Valedor do Pobo, Benigno López, presentou a súa renuncia. Fíxoo ás seis desta tarde no Rexistro do Parlamento de Galicia, días despois da polémica desatada polas súas declaracións na Cámara nas que expuxo a suspensión da Lei de Dependencia e defendeu os recortes. A nova prodúcese unhas horas despois de que o PP rexeitase grazas á súa maior&ia

A decisión do valedor prodúcese apenas unhas horas despois de que o PP conseguise coa súa maioría no Parlamento vetar unha iniciativa do PSdeG, apoiada polo BNG, na que se pedía levar ao próximo pleno parlamentario a súa destitución. Tanto nacionalistas como socialistas non dubidaron en cualificar a López como o “valedor do PP”.

Institucional