ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maniños non puido puntuar na súa visita ao Val (3-1) nun partido de fútbol da Preferente que comezou de cara grazas a un gol de penalti de Hugo. Malia o bo arranque, o conxunto local empatou antes do descanso tras un erro defensivo e acabou levando o gato á auga nos minutos finais cun gol en propia meta e un tanto definitivo xa no desconto.

O técnico Adrián Martínez lamentou a falta de acerto: "Tivemos tres ou catro accións moi claras para marcar, pero se non as aproveitas, os pequenos erros ao remate penalizan". O equipo busca agora recuperar a confianza este xoves (12:00h) no esperado derbi de Copa nos Pinares contra o Perlío, antes de recibir o domingo no Pote ao Dumbría na Liga.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora