Dinamizar o barrio

Dinamizar o barrio
02 de Agosto, 2020 - 11:57 h. | Publicada por Radio Fene

"O equipamento cultural que se instale na casa natal de Ricardo Carvalho Calero debe servir tamén para dinamizar o barrio" afirmou o alcalde de Ferrol Angel Mato. O primeiro rexedor reiterou o compromiso municipal de rehabilitar a edificación. No borrador de orzamentos do presente ano -paralisado pola pandemia de coronavirus- o grupo de goberno incluiu unha partida de 600.000 euros para a vivenda do escritor. O Concello agarda pola colaboración de outras institucións para acometer o proxecto. 

Casa natal de Ricardo Carvalho Calero. Ferrol vello

Mato realizou esas declaracións o pasado xoves no edificio de Ferrerías no marco da presentación do caderno de Ferrol Análisis sobre a arquitectura pública da cidade entre 1977 e 2017.

O Concello de Ferrol adquiriu en 2010 a casa natal de Ricardo Carvalho Calero e as dúas vivendas colindantes por un importe total de 350.000 euros. Un derrumbe posterior obrigou a apuntalar a fachada e valeirar o interior da vivenda da rúa San Francisco. 

Cultura

Publica o teu comentario agora